culturagalega.org

inicio / colaboradores / A banda de La Opinión por La Opinión Saberes de cómics
A banda de La Opinión

por Diario La Opinión

Jim Steranko: Rompedor e rebelde

Steranko rompeu hai décadas o corsé das normas establecidas no mercado americano levando a linguaxe do cómic a novas cotas narrativas e visuais.

A banda de La Opinión
11 / 4 / 2007
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Artigo orixinalmente publicado en La Opinión o 13 de decembro de 2006 por J.C.H.


A mediados dos anos 60, Marvel impuxera unha maneira de facer cómics baseada na parella creativa formada por Stan Lee e Jack Kirby. Jim Steranko entrou na editorial americana entintando "SHIELD", unha serie de espionaxe ao estilo James Bond que se atopaba en horas baixas. As súas inquedanzas levávano a facerse axiña co traballo a lapis, e, finalmente tamén co guión, conseguindo así ser o único autor completo de Marvel Comics naqueles anos.

nick fury

As súas innovacións visuais supuxeron unha verdadeira revolución: introduciu a moda da estética nos deseños, usou encadres de viñetas e composicións de páxina moi coidados, empregou elementos do pop art, do surrealismo e do expresionismo e aplicou os seus coñecementos publicitarios para imprimir trucos visuais nas pranchas a cor.

Despois levou a súa forma de contar historias ao personaxe que exemplificaba as máis elevadas cualidades patrióticas dos Estados Unidos: O capitán América. Cun estatus xa forxado na industria, Steranko propúxose un novo reto: conseguir transmitir un suspense similar ao que lograban un escritor ou un director de cine. Para isto realiza "A casa das sombras", un relato que mesturaba o xénero negro co terror gótico. O seu enfoque gráfico mudou drasticamente desenvolvendo un estilo sobrio, centrándose máis no contido das viñetas e no ritmo que o relato requería.

A historia non se podía encadrar no que Stan Lee denominaba estilo Marvel e Steranko, defendendo a súa obra, díxolle que se cambiaba unha soa coma, que mellor procurase outro deseñador. Lee despediuno no momento.

Pouco tempo despois volta a Marvel ofrecéndolles "O meu corazçon rompeuse en Hollywood", unha historia de amor diferente, debuxada cunha liña suave que incorporaba elementos de deseño psicodélico. Jim entregouna o último día a última hora para que non lle puidesen facer cambios. Ao pouco tempo de publicarse empezaron a sair imitadores do novo estilo.

Após cinco anos sen deseñar ningunha BD, en 1975 Steranko volta a sorprender coa publicación de "Chandler", un traballo policiaco de 120 páxinas en formato de novela gráfica cuxo enfoque conceptual se adiantaba ao seu tempo. En 1981 encargáse de adaptar á BD o filme "Atmosfera cero" protagonizado por Sean Connery. Fuxindo de novo das normas estabelecidas distribúe cada páxina dupla cunha grande viñeta panorámica acompañada por pequenos cadriños de detalle situados en fila que suxire o paso do tempo.

A pesar das súas aportación ao xénero gráfico, en España só é fácil atopar a etapa "SHIELD" en Marvel, publicada en dous luxosos tomos por Forum.

Jim Steranko naceu en 1938 ao este de Pennsylvania (Estados Unidos), nunha familia pobre de mineiros emigrantes da Ucraína. Sendo adolescente traballou en circos e feiras, onde se especializará en escapismo. A mediados dos anos 50 lidera varios grupos de rock, traballa como ilustrador para un xornal e, máis tarde, como director artístico dunha
axencia de publicidade. En 1965 realiza o seu primeiro cómic. Os directores Lucas, Spielberg e Coppola teñen requerido a súa arte e talento para levalo ao cine.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org