culturagalega.org

inicio / colaboradores / A banda de La Opinión por La Opinión Saberes de cómics
A banda de La Opinión

por Diario La Opinión

Desde Tintín, con amor

A lexión de seguidores de Tintín goza da calidade dos deseños e das tramas que arrastran o lector cara aventuras soñadas. Realidade, natureza e arte poboan as aventuras do reporteiro creado polo belga Hergé.

A banda de La Opinión
20 / 4 / 2006
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Artigo orixinalmente publicado en La Opinión o 15 de marzo de 2003 por Antonio Rico.



"Remataron os perigos! A nosa vida de aventuras rematou", dille Milú a Tintín en "Tintín no País dos Soviets", primeira aventura do personaxe. Milú e moi bo can, pero moi mal profeta. Hai vintedúas aventuras do reportiro, sen contar "Tintín no País dos Soviets" (publicado nunha edición especial facisimilar), "Tintín e a arte alfa" (obra inacabada) e "Tintín no lago dos tabeiróns" (adaptación dunha película de deseños animados de Raymond Leblanc).
Se xa leches todos os cómics de Tintín, chegou o momento de recomendarche tres libros marabillosos sobre Tintín e sobre Hergé, o seu creador. Dous son xa moi coñecidos: "Tintín y el mundo de Hergé", de Benoit Peeters, e "Conversaciones con Hergé", de Numa
Sadoul (ambos en castelán en Editorial Juventud). Outro é máis recente: "Tintín. El sueño y la realidad" (Editorial Zendrera Zariquiey), de Michael Farr. Este último,
sobre todo, ten unha grande virtude: encantará aos seguidores de Tintín e animará aos que non o coñecen a se embarcaren nalgunha das súas aventuras.
Como di Savater en "Malos y malditos" (un ensaio sobre os malos das novelas), a literatura non empeza cun home só sentado diante dunha mesa, escribindo sobre un pergamino cunha longa pluma de ave mollada en tinta, senón cun fato de homes e mulleres sentados arredor do lume encanto alguén conta unha historia. Se cadra daquela o amor ás aventuras de Tintín non comeza cun home só sentado cun libro de Tintín nas mans, senón cun fato de homes e mulleres arredor dun libro como o de Michael Farr. As aventuras de Tintín non cumpren exactamente coa recomendación de Kafka —recordada
por Ernesto Sábato no seu discurso na Universidade de Oviedo— segundo a cal se deben ler libros que nos atravesen o corpo como unha machada, fendendo canto houber de conxelado no noso espíritu.
Quizáis sexa pedir demasiado a un cómic, a uns personaxes de papel, a uns deseños con cor que falan mediante globos brancos que saen das súas bocas. Ler Tintín non é sentir como unha machada nos atravesa o cuerpo. Non, por Deus. Estamos falando doutra cosa. Nin mellor, nin peor. Outra cousa. Como Homero cando, antes de sentar a escribir A Odisea, narraba as aventuras de Ulises, que cruzou os mares, desafiou os monte, participou en batallas e se enfrentou cos monstros, "Tintín. El sueño y la realidad" consigue que nos prendamos (ou que nos voltemos a prender) das aventuras de Tintín, que tamén cruzou os mares, desafiou os montes, participou en batallas e se enfrentou cos monstros. Michael Farr conta, álbum tras álbum, como traballaba Hergé, como se documentaba e até qué punto a súa obsesión polos detalles o levou a non descoidar modelos de coches, paisaxes, armas, vestidos, edificios, de tal xeito que, en verdade, nas aventuras de Tintín a arte arremeda á naturaleza, pero despois de ler as aventuras de Tintín a naturaleza xa non é o que era e as cousas empezan a ser non o que son, senón cómo as vemos despois de teren sido inventadas pola marabillosa fantasía de Hergé. Puido haber brétemas en Londres desde fai séculos, di Oscar Wilde en "A decadencia da mentira", pero ninguén as vía até que a arte as inventou. Cheverny, un dos castelos do Loira, converteuse en Moulinsart, un dos escenarios das aventuras de Tintín. Hergé tornou en protagonistas das súas historietas a persoas do seu entorno sen tratar de disimular os seus rasgos alén do imprescindible. O autor non dubida en recoñecer que, no seu caso, a arte imita á natureza para dotarse de autenticidade.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org