A primeira diva internacional do "show business" da época moderna. A Bela Otero foi a raíña nun tempo de bonanza económica das clases burguesas refinadas e frívolas. No París do Fòlies Bergere e do Moulin Rouge, foi a artista máis famosa e a muller máis desexada. Esta produción audiovisual, baseada na novela "La Bella Otero" de Carmen Posadas, ten dúas edicións: Un telefilme de 120´ co subtítulo "A vida como un xogo" e unha miniserie de 2x90´ cuxo segundo capítulo se titula así, sendo o primeiro "A deusa da Belle Époque". Estrea na TVG (2 capítulos) o 8 de xaneiro de 2008 ás 22:10.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Jordi Frades
Intérpretes:
/
Pedro Alonso
/
Rita Cortese
/
Darío Loureiro
/
Giorgio Lupano
/
Jean Pierre Malignon
/
Vicente Montoto
/
Mabel Rivera
/
Mattieu Roze
/
Daniel Tedeschi
/
Natalia Verbeke
/
Natalia Verbeke
/
José Luís López “Sacha”
Produción Executiva:
/
Zaza Ceballos
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Antena 3
/
Gestmusic
/
Televisió de Catalunya (TV3)
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Zénit Televisión, S.A.
Titulo orixinal: La Bella Otero
Tipo: Longametraxe
Xénero: Película feita para TV
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 120'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Importe subvencións: 187.224 €