MM con M de Metáfora |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

MM con M de Metáfora
A vida e obra da pintora surrealista. Maruja Mallo foi parte da trinidade Dalí-Lorca-Buñuel e tivo ós seus pés a intelectualidade cando Ortega y Gasset lle facilitou a súa primeira mostra individual. Influxo decisivo nas obras de Rafael Alberti e Miguel Hernández, destacou o seu talento, a súa actitude transgresora e a súa lealdade á República. O documental entrevista a Laura García Lorca, José Varela (neto de Ortega y Gasset), Juan Manuel Bonet (Historiador de Arte) e Emilio Gómez González-Mallo (irmán de Maruja Mallo). Intégrase unha parte ficcionada protagonizada por Margarita Fernández.

Ficha artística
Dirección: / Antía Otero
Dirección fotografía: / Alberto Díaz “Bertitxi”
Intérpretes: / Margarita Fernández
Realización: / Alberto Díaz “Bertitxi”

 

Ficha técnica
Produtora / Ardora Filmes
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: MM con M de Metáfora
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org