Bos Aires, 1912. Unha serie de brutais asasinatos de menores propágase pola cidade. Mateo, un meniño de 12 anos, agacha un segredo: ás veces a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos asasinatos. Produción comercializada en formato DVD con audio en galego. Palmarés: Seleccionada na categoría novos realizadores nos festivais de cine de Montréal e o de Santo Domingo, entre outros. No XIX Festival Internacional Viña del Mar seleccionouse o filme para a súa sección oficial, e gañou o premio da prensa especializada á mellor longametraxe internacional. Foi a grande triunfadora nos premios Mestre Mateo 07 (2008), con nove galardóns, os das seguintes categorías: Mellor longametraxe, Dirección de fotografía, Maquillaxe e perruquería, Deseño de vestiario, Dirección artística, Guión, Música orixinal, Dirección e Interpretación masculina protagonista. Premio Augusta á mellor película no VI Festival Bragacine (Braga 2008). |
Ficha artística
Dirección:
/
Jorge Algora
Dirección artística:
/
Mariela Rípodas
Dirección fotografía:
/
Suso Bello
Figurinista:
/
Cecilia Monti
Guionista:
/
Jorge Algora
/
Christian Busquier
/
Héctor Carré
Intérpretes:
/
Abel Ayala
/
Juan Ciancio
/
Daniel Freire
/
Chete Lera
/
Maribel Verdú
Maquillaxe:
/
Beata Wojtowicz
Música:
/
Nani García
Perruquería:
/
Beata Wojtowicz
Produción:
/
Julio Fernández
/
Susana Maceiras
/
Harold Sánchez
/
Juan Vera
Ficha técnica
Distribuidora
/
Baños Films
/
Biblos Clube de Lectores
/
Filmax
Produtora
/
Adivina Producciones
/
Castelao Productions
/
Iroko Films
/
Pol-Ka
Titulo orixinal: El niño de barro
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés
Dobrada: Galego, catalán
Recadación: 229.372 €
Espectadores: 43.952