De bares |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

De bares
Centos de fotografías, de fragmentos de realidade, adornan as paredes dun bar. Óscar, un home duns trinta anos, obsérvaas mentras espera pola súa moza. Cada obxeto, cada instante, cada rostro anónimo dá paso a unha historia diferente. Soidade, traizón, loucura... Unha viaxe polas caras máis ocultas da natureza humana até chegar de novo a Oscar. Porque aínda fica unha historia por contar.

Palmarés: Premio Especial do Xurado no 11º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (2006). Por este filme Mario Iglesias gañou o galardón á mellor montaxe nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007) e Rosa Álvarez o premio á mellor actriz secundaria.

Ficha artística
Dirección: / Mario Iglesias
Dirección fotografía: / Mario Iglesias
Efectos especiais: / Nacho Abia
Guionista: / Mario Iglesias
Intérpretes: / Javier Albalá / Emma Álvarez / Rosa Álvarez / Nancho Novo / Javier Puig / Carlos Sante
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo
Música: / Nani García
Produción: / Ángeles Estévez / Daniel Froiz / Mario Iglesias
Produción Executiva: / Alfonso Blanco

 

Ficha técnica
Produtora / Matriuska Producciones, S.L. / Voz Audiovisual S.A.U.

Titulo orixinal: De bares
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 91'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 390.053 €
web propio
Porcentaxe subvencións: 0 %
Capital Galego: 100 %

vIDEOS | VER todos os videos de De bares  (1)

Galería de imaxes | VER AS 6 fotos de De bares

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org