Tiña só nove anos cando seus pai emigraron desde O Seixo, Mugardos, aos Estados Unidos. Hoxe, aos seus 74 anos, Anthony Bouza, policía retirado e moi coñecido polo seu pensamento e carisma, reflexiona sobre a súa traxectoria vital. Un galego que chegou a comisario xefe no Bronx, que dirixiu as máis sonadas comisións de anticorrupción policial e inspirou películas e libros, ademais de escoltar a J.F.Kennedy e a Fidel Castro. Este documental percorre a biografía e o entorno familiar dun personaxe irrepetible. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Recibiu o premio Mestre Mateo 04 ao mellor documental. Emitido na TVG no espazo Galicia Documental. |
Ficha artística
Dirección:
/
José Angel González
Dirección de produción:
/
Xabier Eirís
Dirección fotografía:
/
Jesús Martínez
Guionista:
/
José Angel González
Produción Executiva:
/
Diego Más
/
Antón Reixa
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Filmanova S.L.
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Tucho Bouza, o emperador do Bronx
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 52'
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Inglés, castelán, galego
Subtitulada: Inglés, castelán