Xabier Eirís / Produción

Xabier Eirís

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xabier Eirís
Xabier Eirís
Produción
Nome completo: Xabier Eirís Rodríguez
Vimianzo (A Coruña) 1978   
Web propia



Comezou en 2000 traballando para Portozás Visión en labores contables, e de auxiliar e axudante de produción na mesma empresa pasou a ocuparse de maiores responsabilidades como produción delegada para curtas e xestión de produción para encomendas publicitarias. Ao longo da década seguinte o seu labor, fortemente especializado na área de dirección de produción, continuou vencellado á compañía -xa renomeada como Filmanova- a través de numerosos títulos producidos a nivel autonómico e estatal. Tamén foi xestor de produción na rodaxe galega do filme de Pedro Almodóvar La Mala Educación.

Premios e recoñecementos: Por "O ano da carracha", recibiu o premio Mestre Mateo 04 á mellor dirección de producción.


FILMOGRAFÍA

Documentos

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org