Marina, unha meniña de seis anos impulsiva e irreverente, ten unha peculiar relación con Marita, a súa anciá avoa. A rancia educación á que a señora somete á pequena provoca que esta se rebele contra ela e contra calquera que lle queira ditar maneiras. Ao longo de varios anos constrúese a vida dunha familia coas súas emocións e conflitos. Comercializado en DVD. Palmarés: Gañadora do premio Joris Ivens do IDFA de Amsterdam. Golden Award no Chicago Film Festival (2005). Premio do xurado no Festival Internacional de Miami (2006). Gran premio do Festival de Cine Documental de Belgrado. Premio do xurado no Hot Docs (Toronto, Canada 2006). |
Ficha artística
Dirección:
/
Adán Aliaga
Produción:
/
Ignacio Benedeti
Produción Executiva:
/
Juanjo Giménez
/
Xosé Zapata
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
/
La Voz de Galicia
Produtora
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
/
Salto de Eje
Titulo orixinal: La casa de mi abuela
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 80'
Orixe: España
Ano: 2005
Idioma V.O.: Valencián
Subtitulada: Castelán
Recadación: 45.033 €
Espectadores: 8.195