Carcamáns |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Carcamáns
A Illa de Arousa, o concello máis novo de Galicia. A súa poboación vive, case exclusivamente, do mar. O fuel vertido polo petroleiro “Prestige” ameazaba as súas costas. Podería arruinar o medio de vida de toda a vila. “Carcamáns” é a historia dunha vila que paralizou completamente a súa actividade para dedicarse exclusivamente a impedir que as manchas de fuel chegaran ás súas praias. É, en definitiva, o triunfo dunha vila que foi quen de descargar, en só dous días, preto de 1.500 toneladas de fuel. Comercializado en DVD con audio en galego.

Palmarés: Emitido na TVG no espazo Galicia Documental.

Ficha artística
Dirección: / Marcos Nine
Produción: / Ignacio Benedeti / Xosé Zapata

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Ignacio Benedeti Cinema S.L.

Titulo orixinal: Carcamáns
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 39'
Orixe: Galicia
Ano: 2003
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán
Dobrada: Castelán
Importe subvencións: 11.455 €
Capital Galego: 100 %

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org