A Illa de Arousa, o concello máis novo de Galicia. A súa poboación vive, case exclusivamente, do mar. O fuel vertido polo petroleiro “Prestige” ameazaba as súas costas. Podería arruinar o medio de vida de toda a vila. “Carcamáns” é a historia dunha vila que paralizou completamente a súa actividade para dedicarse exclusivamente a impedir que as manchas de fuel chegaran ás súas praias. É, en definitiva, o triunfo dunha vila que foi quen de descargar, en só dous días, preto de 1.500 toneladas de fuel. Comercializado en DVD con audio en galego. Palmarés: Emitido na TVG no espazo Galicia Documental. |
Ficha artística
Dirección:
/
Marcos Nine
Produción:
/
Ignacio Benedeti
/
Xosé Zapata
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Titulo orixinal: Carcamáns
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 39'
Orixe: Galicia
Ano: 2003
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán
Dobrada: Castelán
Importe subvencións: 11.455 €
Capital Galego: 100 %