23 de setembro, tres da mañá. A silenciosa escuridade dun bosque é fendida pola luz e o motor do coche de Tomás. Tras outro longo día de traballo como profesor e director dun colexio, Tomás vai camiño da casa onde o agarda a súa muller, Eva. De súpeto o coche detense. Tomás intenta pólo en marcha pero o auto permanece inamovíbel. Estando rodeado de infinitas árbores e baixo a constante presión da Lúa, Tomás pretende arrancalo por última vez mentres fala consigo mesmo: “Un… Dous… ¡…!” Palmarés: Seleccionada en diversos festivais: Curt Fictions, Corto Mieres, Curtocircuito, festival de cine de Ponferrada, certame audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa. |
Ficha artística
Dirección:
/
Fran Estévez
Guionista:
/
Fran Estévez
Intérpretes:
/
Sergi Mateu
Montaxe:
/
Manuel Pena
Produción:
/
Nacho Estévez
Produción Executiva:
/
Fernando Marcote
Ficha técnica
Produtora
/
Escola Galega de Cine (Egaci)
/
Estévez Seven, S.L.
/
Producciones Vigo S.L.
Titulo orixinal: Equinoccio
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Suspense
Coprodución
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2003
Idioma V.O.: Castelán