Manuel Pena / Dirección

Manuel Pena

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manuel Pena
Manuel Pena
Dirección
Nome completo: Manuel Pena Gómez
Bueu 1980   



A súa ópera prima foi a curta “Hipotálamo”, seleccionada para o Festival Internacional de Ourense e emitida pola TVG. Durante os dous anos que estudou na Escola de Cine de Vigo realizou o documental “Ruido Blanco” (Festival Internacional de Documentales de Volda) e a curta de ficción “Ipso Facto”. En 2004 produce a curtametraxe “Metamorfose”, dirixida por Fran Estévez, que colleita unha ducia de premios por todo o mundo. Dirixiu “A canción de Fémerlin”, da que foi director, produtor, guionista e director de arte; esta curta recibiu tamén case unha ducia de premios internacionais ao longo do centenar de festivais nos que participou.

Premios e recoñecementos: As súas curtas A Canción de Femerlin e Metamorfose gañaron numerosos premios e recoñecementos a nivel internacional. Consulta as fichas destas producións para ver a lista completa.


Formación específica: Técnico Superior en Imaxe (2001). Graduado en dirección de cine e televisión pola Escola Galega de Cine (2004).

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manuel Pena (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org