Galicia, 1850. Cada día aparecen máis cadáveres e a lenda do home lobo medra. O feirante Manuel Romasanta (Julian Sands) coida de Bárbara (Elsa Pataky) e da súa irmá. Pero Bárbara comeza a sospeitar: ¿Por que Manuel nunca ten medo a cruzar o monte? Inspirada nun argumento do escritor Alfredo Conde, tataraneto dun forense que declarou no verdadeiro xuízo contra Romasanta. O director Paco Plaza tentou recrear un “conto de medo” como a lenda do sacauntos que de neno súa nai, oriunda de Guitiriz, lle contaba. O filme rodouse na Fonsagrada e Sarria (Lugo) e mais en Santiago de Compostela. Comercializado en DVD con audio en galego desde 2005. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Premio á mellor fotografía no Festival de Cine de Málaga (2004). |
Ficha artística
Cámara:
/
Virvi Fraga
Dirección:
/
Paco Plaza
Dirección fotografía:
/
Javier Salmones
Guionista:
/
Alberto Marini
/
Elena Serra
Intérpretes:
/
David Gant
/
Tacho González
/
Laura Mañá
/
Elsa Pataky
/
Gary Piquer
/
Julian Sands
/
Carlos Sante
/
John Sharian
/
Maru Valdivielso
Montaxe:
/
David Gallart
Música:
/
Mikel Salas
Produción:
/
Julio Fernández
Produción Executiva:
/
Carlos Fernández
/
Julio Fernández
Ficha técnica
Distribuidora
/
Baños Films
/
Biblos Clube de Lectores
/
Filmax
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
/
La Voz de Galicia
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Castelao Productions
Titulo orixinal: Romasanta
Tipo: Longametraxe
Xénero: Terror
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 102'
Orixe: España
Ano: 2003
Idioma V.O.: Inglés
Subtitulada: Castelán
Dobrada: Castelán, galego (4 copias cinematográficas en salas de Galicia), catalán
Orzamento: 5.000.000 €
Recadación: 432.671 €
Espectadores: 92.156