Música, tradición e natureza únense nesta longametraxe arredor de Luar na Lubre, un dos grupos galegos de folk con maior proxección. Estreada internacionalmente en Nova York (24-3-04), explora o traballo da banda segundo desenvolvía o seu disco “Hai un paraiso” (á venda o 30-3-04), desde o proceso de composición até a posterior gravación e posta en escena en concerto. A película filmouse na Coruña, Vigo, Lisboa e en escenarios naturais de Galicia como os impresionantes canóns do río Sil en Ourense ou o recóndito e milenario Teixedal da Pena Trevinca. Estrea en salas comerciais o 14-5-03 e disponibilidade en DVD a partir do 15-6-03. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Recibiu tres premios Mestre Mateo 04: á mellor longametraxe documental, ao mellor son (Nani García e Xabier Ferreiro), á mellor banda sonora (Luar na Lubre). |
Ficha artística
Dirección:
/
Ignacio Vilar
Guionista:
/
Ignacio Vilar
Música:
/
Bieito Romero
Produción:
/
Marina Fariñas
Produción Executiva:
/
Domingo Díaz
Xefatura de son:
/
Xabier Ferreiro
/
Nani García
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Warner Music Spain
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Vía Láctea Filmes, S.L.
Titulo orixinal: Un bosque de música
Tipo: Documental
Xénero: Musical
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 89'
Orixe: Galicia
Ano: 2003
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán, portugués, francés, alemán, inglés, italiano
Recadación: 2.683 €
Espectadores: 687
Importe subvencións: 37.330 €
Capital Galego: 100 %