Santa Liberdade |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Santa Liberdade
Mar do Caribe, 1961. O navío "Santa Maria" é tomado por un grupo de antifascistas. Baixo o mando do portugués Henrique Galvão, os galegos Velo e Sotomayor e unha vintena dos chamados "piratas da liberdade" ibéricos escreben un curioso capítulo na loita contra as dictaduras de Franco e Salazar: O primeiro secuestro político dun trasatlántico. Este documental da catedrática de comunicación audiovisual Margarita Ledo conta como o barco foi cercado por buques de guerra dos EEUU, España e Portugal e presenta os propios asaltantes (Federico Fernández Ackerman, Camilo Tavares Mortágua e Víctor Velo Pérez). Interveñen entre outros, o mítico fotógrafo Manuel Ferrol e o coñecido escritor Dominique Lapierre. Comercializado en DVD con audio en galego. DVD dispoñible no CGAI.

Ficha artística
Dirección: / Margarita Ledo
Dirección de produción: / Xabier Eirís
Dirección fotografía: / Rui Poças
Guionista: / Margarita Ledo
Intérpretes: / Mónica Camaño
Montaxe: / Toño López / Manu Mayo / David Pinillos
Música: / Manuel Rodeiro
Posproducción: / Carlos L. Ríos

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / CNAC – Venezuela / Filmanova S.L. / Grupo Novo de Cinema – Brasil / Nós Produtora Cinematográfica Galega, S.L. / Tango Bravo – Venezuela / Televisión de Galicia (TVG) / Textimedia – Portugal

Titulo orixinal: Santa Liberdade
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 88'
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Galego, portugués, español e inglés
Subtitulada: Galego, español, inglés e francés
Dobrada: Ningún
Orzamento: 300.000 €
Recadación: 1.941 €
Espectadores: 359

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org