Galicia, arredor dos 1920. Unha parella de anciáns vive afastada da civilización na súa humilde casa. Un día o home decide comezar a cavar un burato para enterrar nel a súa muller, cando ela morra. Ela pídelle que o deixe, pero el teima en que a morte está preto para ela. Curtametraxe rodada nas Travesas e Caaveiro (A Coruña) e inspirada nun relato de Mia Couto. Palmarés: Premio á mellor fotografía no VI Festival Internacional de Curtamentraxes La Boca del Lobo (Madrid, 2003). Primeiro premio de curtas de xénero negro na V edición do Fecinema, Festival de Cine Negro de Manresa (2003). 2º premio na categoría de mellor curtametraxe no VI Festival de Curtametraxes de Cambrils (Tarragona, Cataluña 2004). Foi finalista do concurso Versión Española de TVE e nominada aos premios Mestre Mateo 2002. Premio á mellor curtametraxe no XIV festival de curtas de Cergy Pontoise (Francia, 2004), ex aequo coa produción danesa Girl in the closet. Premio do público no III certame de curtametraxes e música El Pecado 2004 (A.C.Mortimer/Concello de Llerena, Badajoz). Fely Manzano, premio á mellor actriz no II Festival de Cine e Video de San Telmo (Bos Aires, Arxentina 2004). Premio ao mellor son no mesmo festival. Premio á mellor ficción no II Festival de Cine y Video Latinoamericano de Buenos Aires (2004). Mención á mellor ficción no 6º Festival Internacional de Escuelas de Cine FIEC (Bos Aires, Arxentina 2004). Premio do público na V Semana Itinerante de Cine Fantástico y de Terror (Valencia 2005). Ten sido seleccionada en máis de 60 eventos nacionais e internacionais. Adquirida pola RAI para o programa A hora curta. Premio Místico de Oro á mellor curta de xénero fantástico (Algeciras Fantástika 2006). |
Ficha artística
Axudante de dirección:
/
Inés Lugo
Dirección:
/
Carlos Alberto Alonso
Dirección fotografía:
/
Roberto “Txaka” Escudero
Guionista:
/
Carlos Alberto Alonso
Iluminación:
/
Xavi Viaña
Intérpretes:
/
Tucho Lagares
/
Manuel Lourenzo
/
Fely Manzano
Montaxe:
/
Manuel Camisuli
Produción:
/
Txiki Calvo
Ficha técnica
Distribuidora
/
Grup Cinema Art, S.L.
Produtora
/
Grup Cinema Art, S.L.
Titulo orixinal: As muxicas
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 18'
Orixe: Cataluña
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán, inglés
Dobrada: Ningún
Orzamento: 30.242 €