Fisterra |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Fisterra
Berto e Mario son dous irmáns nados en Galicia, na Costa da Morte. Fascinados ambos pola figura dun pai ausente, ambos medran facendo plans para se reuniren con el. Mario faille prometer a Berto que irán xuntos, pero tamén el desaparece un día sen dicir nada. Seis anos despois, os dous se reencontran en Madrid. Berto parece que cambiou moito, mais ten un plan: cumprir a promesa que lle fixo a Mario, e levalo xunto de seu pai. Editado en DVD con audio en galego desde 2002. DVD dispoñible no CGAI.

Palmarés: Premiada como mellor película nos festivais franceses de Dijon e de Burdeos (Primptemps du Film Iberique). Terceiro premio á mellor película, Ittelmeer, Festival de Cine Mediterráneo de Colonia (Alemaña). Recibiu catro premios AGAPI: Película, Director, Banda sonora, e Son.

Ficha artística
Dirección: / Xavier Villaverde
Dirección artística: / Baltasar Gallar / Josep Rosell
Dirección fotografía: / Javier Salmones
Figurinista: / Margaret Watty
Guionista: / Miguel Anxo Murado
Intérpretes: / Enrique Alcides / Elena Anaya / Geraldine Chaplin / Chete Lera / Manuel Manquiña / Nancho Novo / Kassia Perminia / Roberto “Luna” Sánchez
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo
Montaxe: / Carmen Frías
Música: / José Nieto
Perruquería: / Juán Carlos Álvarez / Mara Costas
Produción: / Pancho Casal / Gerardo Herrero / Carmen de Miguel
Xefatura de produción: / José Picazo
Xefatura de son: / Agustín Peinado

 

Ficha técnica
Distribuidora / Baños Films / Continental Producciones, S.L.
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Continental Producciones, S.L. / Tornasol Films, S.A. / Xavier Villaverde Asociados, S.L.
Soporte técnico a rodaxes / Spencer SFX
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Finisterre
Tipo: Longametraxe
Xénero: Suspense
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 96'
Orixe: Galicia
Ano: 1998
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés, Francés
Dobrada: Galego
web propio
Recadación: 265.181 €
Espectadores: 73.321

vIDEOS | VER todos os videos de Fisterra  (1)

Audio

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org