Ignotus |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Ignotus
Un neno orfo consegue sobrevivir a fame negra de 1853 coa axuda de Rosalía, unha moza escritora de clase social acomodada, quen lle proporciona alimento e roupa ó rapaz. Esta é unha obra de animación con personaxes de plastilina, na que se ensalza a figura de Manuel Murguía con motivo do día das Letras Galegas de 2000. A historia baséase no relato orixinal homónimo escrito por Murguía e publicado en "Los Precursores" (1853). DVD dispoñible no CGAI.

Palmarés: Gañador do Premio Galicia no Certame Audiovisual do Casino de Vilagarcía (2000) e o Premio á mellor curtametraxe de animación da Asociación Galega de Productoras Independientes (AGAPI, 2001). Tamén obtivo unha mención especial do xurado no Festival Internacional de Cine Inédito de Islantilla 2000, á parte de ser seleccionado noutros catro festivais.

Ficha artística
Deseño de decorados: / Vicente Roura Gómez
Dirección: / Tomás Conde / Virginia Curiá
Dirección fotografía: / Virginia Curiá
Guionista: / Daniel Domínguez
Música: / Gastón Rodríguez
Produción: / Emilia Neira / José María Suárez

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Cartoon Network / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Algarabía Animación / Lúa Films, S.L. / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Ignotus
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Prevenda
Realizada a cor
Duración: 16'
Orixe: Galicia
Ano: 2000
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 60.103 €

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org