Meigallos, sombras e papas de arroz |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Meigallos, sombras e papas de arroz
Cansada dos poucos resultados do doutor a nai decide pedirlle a Meiga do Castro axuda para desenrevellar o seu esmirriado fillo. Uns pais labregos, un rapaz cun 'aire de defunto', unha bruxa cun peinado rockanroleiro e uns porcos máis listos do habitual son os protagonistas desta curta de animación con personaxes de plastilina. A Meiga do Castro é unha espabilada muller que axudará -previo pago dun porco- a curar a doenza do rapaz. Pero axiña se verá que as cousas non son o que parecen... Baseada na obra poética de Eladio Rodríguez. DVD dispoñible no CGAI.

Ficha artística
Dirección: / Tomás Conde / Virginia Curiá
Dirección artística: / Pili Cepedello / María Loureiro
Dirección fotografía: / Virginia Curiá
Guionista: / Daniel Domínguez / Puri Seixido
Montaxe: / Pablo Goluboff
Música: / Gastón Rodríguez
Produción: / Emilia Neira / José María Suárez
Xefatura de son: / Alberto Beade

 

Ficha técnica
Distribuidora / Consorcio Audiovisual de Galicia
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Algarabía Animación / Lúa Films, S.L. / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Meigallos, sombras e papas de arroz
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Prevenda
Realizada a cor
Duración: 16'
Orixe: Galicia
Ano: 2000
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 72.067 €

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org