O traspés financieiro da industria cinematográfica e un sistema de axudas públicas pouco operativo fan que un director de cine teña que reinventar o guión dun filme en dúas semanas. Entre él e dous recoñecidos guionistas galegos mergúllanse nun proceso creativo que non parece ir a bo porto. No proceso de escritura teñen que lidiar coa presión do produtor, as dificultades de escribir sen caer en tópicos e o complicado de equilibrar a creatividade coas posibilidades reais de produción, ata que se decatan de que o propio proceso creativo que están vivindo ten entidade propia coma historia. Palmarés: Premio á mellor película para televisión nos Mestre Mateo entregados en 2014. Tamén levou os galardóns a mellor dirección de fotografía e mellor montaxe. |
Ficha artística
Dirección:
/
Alfonso Zarauza
Dirección fotografía:
/
Alberto Díaz “Bertitxi”
Intérpretes:
/
Xúlio Abonjo
/
Ricardo de Barreiro
/
Farruco Castromán
/
Marcos Pereiro
/
Federico Pérez
/
Luís Tosar
/
Patricia Vázquez
Montaxe:
/
Adrián Pino
Ficha técnica
Produtora
/
Zircocine, S.L.
Subvención ou axuda pública
/
Agadic
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Encallados
Tipo: Longametraxe
Xénero: Película feita para TV
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2013