Curtametraxe que filma en formato anamórfico as celebracións relixiosas na cidade da Coruña no tempo da Pascua. Editada fisicamente en película e sonorizada magneticamente, á antiga usanza. O director e locutor gravou a súa voz lixeiramente sobresaturada, a 1 fotograma menos da velocidade normal, para que despois, ao telecinar, ficase como o son óptico dos antigos noticiarios. Os fondos en directo, non obstante, rexistráronse en son estéreo.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Ignacio Benedeti
Guionista:
/
Ignacio Benedeti
Presentación ou locución:
/
Ignacio Benedeti
Ficha técnica
Produtora
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Titulo orixinal: Semana Santa Coruñesa de 2011
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 26'
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Castelán