Unha familia marcha de viaxe deixando o avó, que vive con eles, só no moderno chalet. Esta situación cotián acabará converténdose nun pesadelo para o vello debido a un acontecemento rocambolesco e inesperado. Tanto a filla como o pai terán que tomar unha decisión: ela ante a falta de noticias do seu pai e el ante a desesperada situación que pon en risco a súa vida. Unha metáfora sobre a soidade nos últimos anos da vida e a fraxilidade dos lazos familiares. Palmarés: Premio á mellor curtametraxe para o xurado senior e premio do público no festival de curtametraxes de Castela-León Aguilar del Campo. Finalista ao Meliés de Prata no Festival Europeo de Cine Fantástico de Estrasburgo (Francia). Premio Ficción Compostelae e Mención especial do Xurado Novo no festival Curtocircuíto (Compostela 2011). Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción no festival de Cans (2011). |
Ficha artística
Dirección:
/
Denis Rovira
Dirección artística:
/
Susana Gómez
Dirección fotografía:
/
Juan Carlos Gómez
Figurinista:
/
Memé Famós
Guionista:
/
Diego Soto
Intérpretes:
/
Enrique Asenjo
/
Celso Bugallo
/
Ana Fernández
/
Daniel Freire
/
Carlos Sampedro
/
Carmen Sánchez
Maquillaxe:
/
Chicha Blanco
Montaxe:
/
Guillermo Represa
Música:
/
Xavier Capellas
Produción:
/
Beatriz Acinas
/
Pancho Casal
Produción Executiva:
/
Beatriz Acinas
Xefatura de son:
/
Eduardo Esquide
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Festival de Cine Internacional de Ourense
Produtora
/
Continental Producciones, S.L.
Subvención ou axuda pública
/
Ministerio de Cultura
Titulo orixinal: El grifo
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán