A billa |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

A billa
Unha familia marcha de viaxe deixando o avó, que vive con eles, só no moderno chalet. Esta situación cotián acabará converténdose nun pesadelo para o vello debido a un acontecemento rocambolesco e inesperado. Tanto a filla como o pai terán que tomar unha decisión: ela ante a falta de noticias do seu pai e el ante a desesperada situación que pon en risco a súa vida. Unha metáfora sobre a soidade nos últimos anos da vida e a fraxilidade dos lazos familiares.

Palmarés: Premio á mellor curtametraxe para o xurado senior e premio do público no festival de curtametraxes de Castela-León Aguilar del Campo. Finalista ao Meliés de Prata no Festival Europeo de Cine Fantástico de Estrasburgo (Francia). Premio Ficción Compostelae e Mención especial do Xurado Novo no festival Curtocircuíto (Compostela 2011). Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción no festival de Cans (2011).

Ficha artística
Dirección: / Denis Rovira
Dirección artística: / Susana Gómez
Dirección fotografía: / Juan Carlos Gómez
Figurinista: / Memé Famós
Guionista: / Diego Soto
Intérpretes: / Enrique Asenjo / Celso Bugallo / Ana Fernández / Daniel Freire / Carlos Sampedro / Carmen Sánchez
Maquillaxe: / Chicha Blanco
Montaxe: / Guillermo Represa
Música: / Xavier Capellas
Produción: / Beatriz Acinas / Pancho Casal
Produción Executiva: / Beatriz Acinas
Xefatura de son: / Eduardo Esquide

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Festival de Cine Internacional de Ourense
Produtora / Continental Producciones, S.L.
Subvención ou axuda pública / Ministerio de Cultura

Titulo orixinal: El grifo
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán
web propio

vIDEOS | VER todos os videos de A billa  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org