“O 25 de decembro de 2007 cambiou a miña vida e a miña forma de entender a mobilidade: ese día na A6, por unha obra mal sinalizada, a miña muller embarazada e máis eu case temos unha saída de vía á altura de Begonte. [En Begonte morreron meus pais cando eu tiña 17 anos, nun sinistro de tráfico]. Ao día seguinte vimos na prensa unha foto mortal: Julia Vázquez Pajón e Carlos Manuel Prado Vázquez pasaron por aquela obra a mesma hora que nós, pero en dirección contraria. Esa foi a orixe dun traballo documental en primeira persoa sobre a sinistralidade viaria en Galicia” (Manu Mayo).
|
Ficha artística
Dirección:
/
Manu Mayo
Dirección fotografía:
/
Alfonso Parra
Guionista:
/
Manu Mayo
Produción:
/
Manu Mayo
Ficha técnica
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Dous de vintetantos
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 76'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Importe subvencións: 15.995 €
vIDEOS | VER todos os videos de Dous de vintetantos (1)
Documentos
Audio
-
| Manu Mayo presenta Dous de vintetantos