As pulpeiras de Arcos, agora anciás, percorreron Galicia a pé, en carros tirados por bestas ou en autocares onde se mesturaban pasaxeiros e carga. As súas vidas nómadas transcurriron de feira en feira e de festa en festa, con días de sol e noites de xiada. Agripina, Morocha, Pepita, Aurora, Teri, Perigrina e Carme son un diario vivinte desa época. Xuntan centos de experiencias e memorias que nos axudan a entendela mellor.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Pachi Baranda
/
Mónica Cortés
Ficha técnica
Titulo orixinal: O mundo polas mans
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 4'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego