Nas mans das pulpeiras de Arcos está escrita unha parte da nosa historia recente que, aínda que a viviron non fai moitos anos, está a piques de ser esquencida. Estas mulleres, agora anciás, percorreron Galiza a pé, en carros tirados por bestas ou en autocares onde se misturaban pasaxeiros e carga. As súas vidas nómadas transcurriron de feira en feira e de festa en festa, con días de sol e noites de xiada.