Feitos que causaran un impacto social especial son analisados polos seus protagonistas co sosego que dá o paso do tempo. Programa baseado nun formato da ETB. A primeira temporada componse de: O embarrancamento do cargueiro Casón, a Operación Nécora contra o narcotráfico galego, a crise das vacas tolas, o Celta e o Dépor de 1994, o accidente do voo 118 en Alvedro, o asasinato de Miguel Ángel Blanco, o caso de Ramón Sampedro, a reconversión naval, o lume nos montes, os reporteiros de guerra, a movida viguesa dos 80, o accidente na Ponte das Pías e a chamada Guerra do fletán.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Antón Reixa
Dirección de produción:
/
Xabier Eirís
Guionista:
/
Paulo Conde
/
Luís Montenegro
/
Nicolás Rodríguez
Presentación ou locución:
/
Fernando González “Gonzo”
Produción Executiva:
/
Blanca Baena
/
Antón Reixa
Realización:
/
Luís Montenegro
/
Enrique Moro
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
tvG2
Posprodución
/
DDA
Produtora
/
Filmanova S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Sonorización, locución e dobraxe
/
DDA
Titulo orixinal: A caixa negra
Tipo: Programa TV
Xénero: Social
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 55'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego