 
          
| Roi e os seus colegas practican un “xogo” peculiar e violento. Dani encontrará o seu fatal destino cando por casualidade tén a mala sorte de cruzarse no camiño deles. O acoso escolar e a violencia como diversión na xuventude de hoxe en día. Historia inspirada no texto “Matar por diversión” de Diego Bagnera para a revista XL Semanal. Estrea 17/3/09. Palmarés: Foi unha das dez finalistas aos Premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, os “Goya” de 2010, na categoría de curtametraxe de ficción. Seleccionouse nunha trintena de festivais, gañando unha decena deles, tanto no ámbito estatal como no internacional. Este título foi seleccionado para o programa Curtas 09 do Consorcio Audiovisual de Galicia. No VI Festival de Cans (2009) foi premiada como mellor curtametraxe. Gañou o premio ao mellor guión no Festival OctubreCorto de Pamplona (2009). Premio do público no Festival de Cine de Astorga (2009). Gran Premio Galicia no Curtocircuito (2009). Premio do Xurado á mellor curta no VII Festival de Cine Social Castilla la Mancha (2010). Mellor Curta no VII MVD Sgae en Corto (2010). Tamén premiado no bienio 2009-2010 nos certames de Arnedo, Zinexín, Valladolid e Chamartín. | 
Ficha artística  
            
			
Dirección: 
/
 Dani de la Torre
Dirección artística: 
/
 Alexandra Fernández
Dirección fotografía: 
/
 Suso Bello
Guionista: 
/
 Manolo Dios
/
 Antonio Veiga
Intérpretes: 
/
 Alfonso Agra
/
 Maxo Barjas
/
 Xabier Deive
Montaxe: 
/
 Luís Faraón
Música: 
/
 Manuel Riveiro
Xefatura de produción: 
/
 Mamen  Quintas
Xefatura de son: 
/
 Meli Souto
Ficha técnica
			
			
  Distribuidora
  /  
Consorcio Audiovisual de Galicia
  
  Produtora
  /  
Ficción Producciones, S.L.
  
  Subvención ou axuda pública
  /  
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
  /  
Consorcio Audiovisual de Galicia
  
  
			
					  Titulo orixinal: X nada
		 		 		  Tipo: Curtametraxe
		 		 		  Xénero: Drama
		 		 		 Produción propia
		 		 		 		  Duración: 14'
		 		 		  Orixe: Galicia
		 		 		  Ano: 2008
		 		 		  Idioma V.O.: Castelán
		 		 		  Subtitulada: Inglés
		 		 		  Dobrada: Galego
		 		 		  Orzamento: 72.560 €
		 		 		     
		 		 		  		  		  Porcentaxe subvencións: 24,81 % 
		  		  		  Importe subvencións: 18.000 €
		  		  		  
 
	           
	          