Dani de la Torre / Dirección

Dani de la Torre

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Dani de la Torre
Dani de la Torre
Dirección
Nome completo: Daniel de la Torre Alvaredo
Monforte de Lemos (Lugo) 1975   



Director, realizador e guionista. Desde o ano 1996 traballa na TVG, onde actualmente é realizador de promocións. Compaxina o seu traballo co labor por conta propia, no que desenvolve curtametraxes, publicidade e videoclips. Comezara como guionista nos noventa, para despois inserirse no eido das curtametraxes, no cal leva acadados numerosos recoñecementos. Encargouse de realización para programas da canle autonómica galega, incluídos deportes, cultura e ocio. Colabora como instrutor no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual na Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia.

Premios e recoñecementos: Finalista coa reportaxe “Gaiteiras” da TVG, aos premios CNN World Report 2001 (Atlanta, EEUU). As súas curtas recibiron diversos premios que podes consultar en cadansúa ficha.


Formación específica: Estudou Imaxe e Son en Ourense, diplomándose a principios dos anos noventa.

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Dani de la Torre

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Dani de la Torre (27)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org