Apenas un século despois de que Francisco Pizarro emprendera a conquista do Perú en 1531, o pobo Asháninka sufriu escravitude e xenocidio. A finais dos 1980, o grupo terrorista Sendero Luminoso, fuxindo do acoso do exército, entrou na Selva Central da Amazonía Peruana. Alí instaurou un réxime despótico que causou a morte ou a fuxida de miles de indíxenas. Este pobo sofre ameazas á súa supervivencia como a forte militarización da zona, a colonización masiva do seu trerritorio, destrución da Selva Amazónica por parte da industria madereira, prospección petrolífera e narcotráfico. Palmarés: Seleccionado no Festival Internacional de Cine de Medioambiente de Gavá, Barcelona (2000). Seleccionado no Concurso de Creación Audiovisual de Navarra (2000). Seleccionado no V Festival Internacional de Documentales É Tudo Verde, en São Paulo (Brasil, 2000). |
Ficha artística
Dirección:
/
Xosé Abad
/
Cheché Carmona
Guionista:
/
Cheché Carmona
Música:
/
Arturo Kress
Ficha técnica
Produtora
/
EAF Producciones
/
NTR Telefábrica, S.A.
/
Voz Audiovisual S.A.U.
Titulo orixinal: Territorio Asháninka
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 26'
Orixe: Galicia
Ano: 1998
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Ningún idioma
Dobrada: Ningún idioma
Orzamento: 30.051 €