Isaac |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Isaac
Achegamento ao sentido de humor e a clarividencia dun dos personaxes máis fértiles e relevantes da Galicia do noso tempo: Isaac Díaz Pardo. Merecedor de innumerables premios e recoñecementos, proxectou a creación dunha serie de empresas recuperadoras da memoria histórica de Galicia, convertidas logo en realidade, como a restauración do complexo de Sargadelos e o seu Seminario de investigación, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Seminario de Estudos Galegos, Laboratorio de Industria e Comunicación, e o Instituto Galego de Información. Neste documental fala o propio Don Isaac e mais dúas ducias de personalidades máis. Estrea 28/9/07. Comercializado en DVD con audio en galego.

Palmarés: Seleccionado para participar
na sección competitiva da terceira edición do Festival Europeo de Cine e Televisión Memorimage (2008).

Ficha artística
Dirección: / Xosé Abad
Entrevistado: / Isaac Díaz Pardo
Guionista: / Carlos Vázquez
Montaxe: / Sandra Sánchez
Produción: / Xosé Abad

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / EAF Producciones / Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / EAF Producciones / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Isaac
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 55'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 81.379 €
Porcentaxe subvencións: 14,74 %
Importe subvencións: 12.000 €
Capital Galego: 100 %

vIDEOS | VER todos os videos de Isaac  (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org