Celso Bugallo / Actor

Celso Bugallo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Celso Bugallo
Celso Bugallo
Actor
Nome completo: Celso Bugallo Aguiar
Vilalonga (Pontevedra) 1947   



É unha das caras máis familiares nas teleseries e películas galegas recentes, pero conta cunha longa experiencia no teatro. As súas primeiras interpretacións datan dos anos setenta, en Logroño. A finais da década, xa en Galicia, cofundou o grupo de teatro Olimpo. Despois traballou en Madrid, iniciándose ademais no audiovisual. De 1988 a 1992 promoveu en Pontevedra a Aula de Formación de Actores, levando a cabo diversas montaxes. Desde finais dos noventa vense dedicando a unha intensa actividade no cine e televisión feitas en Galicia, participando tanto en producións exteriores rodadas no país como noutras de capital galego.

Premios e recoñecementos: Premio revelación Chano Piñeiro 2002. Premio Mestre Mateo 2002 ao mellor actor de reparto por Os luns ao sol. Galardón ao mellor actor de reparto nos premios Goya do cine español (2005) por Mar adentro. Premio do xurado á mellor interpretación masculina por A billa ex aequo con Vicente de Souza por Estereoscopía, no festival de Cans (2011).


FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 10 videos de Celso Bugallo

Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Celso Bugallo

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org