Dirección
Nome completo: Amando de Ossorio Rodríguez
A Coruña 1918 2001 Madrid
Web propia
Guionista e director. A súa primeira longametraxe “La bandera negra” (1956) -un alegado contra a pena de morte- foi fortemente censurada. Dirixiu e escribiu spaghetti-westerns, comedias e musicais, aínda que pasou á posteridade como unha figura fundamental no xénero fantástico e de terror e como creador da figura dos Templarios -cabaleiros do s.XIII reencarnados en mortos viventes-. Moi coñecido no mercado anglosaxón, ten sido reivindicado por directores reputados como John Carpenter ou Chicho Ibáñez Serrador.
Formación específica: Cursou estudios na madrileña Escuela Oficial de Cine, mais non os rematou debido á súa intensa actividade profesional.
Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Amando de Ossorio
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Amando de Ossorio (4)
Data: 7 / 10 / 2015
Freakemacine volta cunha homenaxe a Amando de Ossorio
Data: 29 / 5 / 2002
O CGAI presenta a película restaurada de Amando de Ossorio "A bandeira negra"
Data: 6 / 11 / 2001
Homenaxes a Amando de Ossorio e ciclos de cine traen o medo á Coruña
Data: 19 / 1 / 2001
A Coruña perde a Amando de Ossorio, o director de cine de serie B