Actriz
Nome completo: María Xosé Noia Ansede
Santiago de Compostela 1974
Formada no mundo do teatro, onde desenvolve a maior parte da súa actividade profesional como actriz, docente e investigadora. Participou en numerosas montaxes dos grupos Minerva, Galileo, Matarile, CDG e a Fundación Teatro de la Abadía. No sector audiovisual ten participado en varias curtametraxes como “Unha impecable soidade”. No campo da publicidade participou na campaña de promoción do Camiño de Santiago e nunha promoción da compañía Siemens.
Formación específica: Seminarios: A dramaturxia ao servizo do actor (Escola de arte dramática Cristina Rota, Madrid 1992). Natasha Project (Sala Galán, Santiago 1993). Interpretación (EAD Cristina Rota, Madrid 1992-96). Music-Hall (Cristina Rota, Madrid 1993). Teatros gregos (Atenas 1998). Cursos: Interpretación para cámara (Antoni Chic, EIS Coruña 1997). Interpretación (Paco Pino, EIS Coruña 1998). Posgrao A arte dramática (USC 1998-99). Danza antiga e contemporánea (USC 1999). Proxectos: Posibilidades da posta en escena do erotismo no teatro contemporáneo (Ludwig-Maximilian-Universität, Munich 2000).
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Fefa Noia (20)
Data: 20 / 4 / 2023
A 1ª edición dos Recoñecementos Escena Galega distingue achegas destacadas no sector escénico
Data: 23 / 6 / 2021
O Centro Dramático Nacional presenta sete espectáculos da escena galega
Data: 7 / 1 / 2020
Fran Núñez Alonso será o novo director do Centro Dramático Galego
Data: 8 / 10 / 2019
Unha muller e sete homes aspiran a dirixir o CDG
Data: 2 / 9 / 2019
O CDG xa busca nova dirección