Actor
Nome completo: Francisco Javier Lodeiro Gómez
Caracas (Venezuela) 1965
Actor, presentador e showman, foi ademais profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña durante os noventa. A súa relación co audiovisual nace a comezos desa década, primeiro na TVG en programas de produción propia e en series de ficción, para despois pasar a TVE e desde 2002 presentar en varias canles da FORTA o concurso “Cifras y Letras”. Ten traballado en populares programas radiofónicos como “Miradoiro” ou “Corre Carmela que chove” e tamén ten experiencia en longametraxes.
Premios e recoñecementos: Ten no seu haber diversos premios polo seu labor radiofónico. Premio ao mellor guión no concurso de Apropósitos Nito (Deputación da Coruña, 1999). Premio ao mellor comunicador de TV por "Cifras e letras", nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007).
FILMOGRAFÍA
- A contracorrente, vida e morte de Luís Trigo (2010)
- Os mortos van ás présas (2009)
- Manuel Curros Enríquez. Na fronte unha estrela (2008)
- Cifras e letras (2006)
- Pequeno Gran Show (2006)
- Os 15.000 de Newark (2006)
- Hai que botalos (2005)
- Terceira rede (2005)
- Libro de familia (2004)
- Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo (2003)
- Terra de Miranda (2001)
- Blanca Madison (2000)
- Galicia Exprés (2000)
- Habitación dobre (1999)
- Arde amor (1998)
- Mareas vivas (1998)
- Pratos combinados (1995)
Videos | Ver 1 videos de Paco Lodeiro
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Paco Lodeiro (6)
Data: 10 / 6 / 2013
Cantando a Galicia: O retorno ás verbenas
Data: 29 / 5 / 2012
A Coruña conmemora os 200 anos do cemiterio de San Amaro
Data: 23 / 8 / 2011
Un recital lembra a importancia de Pucho Boedo revisitando o repertorio dos Tamara
Data: 30 / 1 / 2008
A Axencia Audiovisual Galega difunde os documentais dentro do programa Cinemas Dixitais
Data: 7 / 12 / 2006
Compostela acolle a segunda edición da Noite de música e palabra solidaria