O vindeiro 25 de agosto, o Concello da Coruña celebrará unha curiosa efeméride. O cemiterio de San Amaro cumpre 200 anos e, con tal motivo, acollerá O ceo da Coruña, un recital poético musical no que se agarda a presenza de Rosa Cedrón, Xoel López, Sito Sedes, Paco Lodeiro e a Banda Municipal de Música. Canda a isto, publicarase en xullo unha guÃa sobre o recinto e en novembro un libro que recolle a súa historia. De xeito paralelo realizarase un catálogo do patrimonio cultural presente no camposanto, que acaba de ingresar na Rede de Cemiterios Singulares de Europa.