Actor
Nome completo: Lino Braxe Mandiá
Mugardos (A Coruña) 1962
Web propia
Actor, poeta, guionista e locutor. Comezou a principios dos oitenta no mundo da literatura, acadando diferentes premios de poesía. A comezos dos 90 realiza prosa teatral e intervén como actor en diferentes obras. Tamén se ten dedicado á crítica e á investigación literaria, ademais de ser un dos fundadores da revista de pensamento “Luzes de Galiza” a mediados dos 90, ao tempo que dirixe a Fonoteca de Galicia. Ten realizado guións para programas da canle autonómica e series de ficción. Desde o ano 2000 participou na rodaxe de diferentes curtas e longametraxes en Galicia. Interpretou o papel de Andrés na teleserie "Rías Baixas".
Premios e recoñecementos: Varios premios como poeta, narrador e dramaturgo
FILMOGRAFÍA
- O quid (2013)
- A cicatriz branca (2012)
- Fútbol de alterne (2010)
- Gondar (2009)
- Valderrei (2007)
- Historia da arte (2007)
- Automóbil (2007)
- A vida por diante (2006)
- Autopsia (2003)
- O trasto (2002)
- O váter susurra (2000)
- A Mercería (2000)
- Rías Baixas (1999)
- A Coruña cidade do futuro (1999)
- A noiva de medianoite (1997)
- Afonía (1996)
- Sen motivo aparente (1994)
- Un café de ollos verdes (1992)
- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
- Gris púrpura (1991)
Videos | Ver 1 videos de Lino Braxe
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Lino Braxe (42)
Data: 21 / 3 / 2023
Clara Gayo reivindica a escena como arte no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro
Data: 23 / 5 / 2022
A Casa-Museo Manuel María e as Tanxugueiras premios de honra pola Mostra de Cangas
Data: 23 / 5 / 2022
O Premio Marisa Soto recoñece a Lino Braxe de xeito póstumo
Data: 10 / 11 / 2021
A Coruña lembra a Lino Braxe no XXIV Memorial Ibán Toxeiro
Data: 28 / 12 / 2020
A perda do polifacético Lino Braxe tinxe de loito a cultura