Suso Bello / Dirección fotografía

Suso Bello

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Suso Bello
Suso Bello
Dirección fotografía
Nome completo: Suso Bello
A Coruña 1968   
Web propia



Comezou como operador de cámara e axiña traballou para TVE, TVG, TV3 e ETB en documentais e publicidade, dous dos campos nos que conta con maior experiencia. Premiado director de fotografía, exerceu no CAI (A Coruña, 1990-96) e desde 1997 en Adivina Producciones. Ademais de programas de TV (“A noite das Badaladas”, “Galicia en peligro”, “O Tragaluz”, “Salsa Verde”), os videos institucionais, spots, telefilmes e curtametraxes (“Procedimiento A3”, “Canle Aberta”, “Batea”, “Agüela”) constan tamén no seu diversificado curriculum. Foi membro fundador da Academia Galega do Audiovisual.

Premios e recoñecementos: Dous premios AGAPI á mellor fotografía: En 1997 por “Ciudades mágicas” e en 1999 por “Amor Serrano” e “Galicia Poema Visual”. Por “Camiño de Santiago, a orixe”, recibiu o Premio Mestre Mateo 04 á mellor fotografía. Premio á mellor dirección de fotografía nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por “O neno de barro”. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor dirección de fotografía por “Os mortos van ás présas”. Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor dirección de fotografía, por “Doentes”.


Formación específica: Licenciado en dirección de fotografía no Centro de Estudios de la Imagen (Madrid 1986).

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Suso Bello

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Suso Bello (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org