Xosé Manuel Olveira “Pico” / Actor

Xosé Manuel Olveira “Pico”

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xosé Manuel Olveira “Pico”
Xosé Manuel Olveira “Pico”
Actor
Nome completo: Xosé Manuel Olveira Gallardo
Esteiro (Muros) 1955  2013 Santiago de Compostela



Actor de teatro desde 1972, participou en máis de trinta obras de numerosas compañías (grupo Ditea, CDG, etc). As catro primeiras producións cinematográficas nas que participou estaban dirixidas por Chano Piñeiro, abranguendo unha curta, unha mediametraxe e dúas longas. Participou nunha vintena de filmes a partir de mediados dos 80 aínda que foi tanto ou máis coñecido pola súa faceta humorística en programas como O veciño do xoves ou teleseries como Pratos combinados, ambas da TVG. Tamén traballou en radio e en publicidade. Foi nomeado presidente da Academia Galega do Audiovisual en 2009.

Premios e recoñecementos: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van ás présas. Por Retornos levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto. Recibiu o Premio Augusta ao mellor actor no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista en Simbad.


FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 18 videos de Xosé Manuel Olveira “Pico”

Galería de imaxes | ver As 13 fotos de Xosé Manuel Olveira “Pico”

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org