Luís Tosar
Actor
Nome completo: Luís Tosar
Lugo 1971
Web propia
Formado no mundo do teatro e das curtametraxes con directores como Jorge Coira, José Carlos Soler ou Alber Ponte, a finais dos noventa dá o salto ás longametraxes sen abandoar as curtas. Popularizouse no seu papel de Xuíz nas primeiras temporadas da serie "Mareas vivas" (TVG). É membro do dúo cómico The Magical Brothers. Protagonizou con Javier Bardem a exitosa “Os luns ó sol”, entre outros títulos cinematográficos moi coñecidos.
Premios e recoñecementos: Por Un asunto pendente recibiu os premios ao mellor actor no Festival Plataforma de Nuevos Realizadores e no Festival Internacional De cine de Elxe en 2001. Tamén en 2001 o Festival de Curtametraxes de Noia premiou a súa xa daquela prolífica carreira. Gañou o premio RNE-Sant Jordi, que concede a crítica catalana ao mellor actor español do ano 2002. Na 51 edición do Festival de Cine de San Sebastián (2003) obtivo a Cuncha de Prata como mellor actor por Douche os meus ollos, filme que lle valeu tamén o galardón á mellor interpretación masculina protagonista nos XVIII premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España (2004). Coa mesma película gañou o Cisne de Ouro ao mellor actor no Festival de Cine de Copenhague (2004). Nos XVII Premios Goya en 2003, recibiu o galardón ao mellor intérprete masculino de reparto, polo seu papel no filme Os luns ó sol. O mesmo traballo valeulle o galardón análogo dos premios do Círculo de Escritores Cinematográficos (2003). Galardón á mellor interpretación masculina protagonista, nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007) por Cargo. Premio á mellor actuación masculina protagonista por Cela 211 (Asociación de críticos latinoamericanos de Nueva York, 2010). Por este mesmo filme foi recoñecido como o mellor actor na XV edición dos Premios José María Forqué (2010), recibiu da Academia do Cine de España o premio Goya ao mellor actor protagonista (2010), levou o Mestre Mateo 09 da Academia Galega e tamén foi galardoado no Festival Internacional de Cine de Seattle (EEUU, 2010). En 2010 recibiu a insignia de ouro da Deputación Provincial de Lugo en recoñecemento aos seus traballos. En 2011 recibiu o premio Málaga Sur pola súa “extensa e exitosa” traxectoria. Ese mesmo ano, competiu na categoría de actor protagonista dos Premios Goya polo seu traballo en También la lluvia.
Premio Gaudí en 2012 pola súa interpretación en Mentras durmes, de Jaume Balagueró.

FILMOGRAFÍA
- O neno (2013)
- Encallados (2013)
- 100% CEF (2012)
- Operación E (2011)
- 18 comidas (2010)
- Novo Vigo vello (2010)
- Tamén a chuvia (2010)
- Cela 211 (2009)
- Crebinsky (2009)
- A noite que deixou de chover (2008)
- Afranio (2008)
- O Apóstolo (2008)
- Flores tristes (2008)
- Historia da arte (2007)
- Hotel Tívoli (2006)
- Non se preocupe (2006)
- Cargo (2005)
- Galatasaray-Dépor (2005)
- A vida que che espera (2004)
- O derradeiro chanzo (2004)
- Lentura (2004)
- Inconscientes (2004)
- O agasallo de Silvia (2003)
- Douche os meus ollos (2003)
- A fraqueza do bolchevique (2003)
- Espertar en París (2003)
- Xa (2003)
- Os luns ó sol (2002)
- Trece badaladas (2002)
- O lapis do carpinteiro (2002)
- Ciclo (2002)
- O barbeiro cego (2002)
- Un asunto pendente (2001)
- Lena (2000)
- Alzheimer (2000)
- O váter susurra (2000)
- Chunda Chunda (2000)
- O río tén mans (2000)
- Sandra (2000)
- Sei quen es (1999)
- Flores de outro mundo (1999)
- Amor Serrano (1999)
- Se o sei non veño (ó meu propio enterro) (1999)
- Antonio, Jorge e Luís (1998)
- Mareas vivas (1998)
- Unha estrana ollada (1998)
- A orixe do problema (1998)
- Atilano, presidente (1998)
- A danza de Katiuska (1998)
- Décimo aniversario (1998)
- O tesouro (2) (1997)
- Afonía (1996)
- O matachín (1996)
- Cabeza de boi (1996)
- Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995)
- Mátame uns cantos (1995)
- ¡Aproba! (1995)
- Xabarín Club (1994)
- As xoias da Señora Bianconero (1994)
Videos | Ver 23 videos de Luís Tosar
-
Anuncio de Crebinsky -
Anuncio de 18 comidas -
Notice: Undefined variable: file_ok in /var/www/html/cultura/html/avg/persoas_detalle.php on line 227
Luís Tosar recolle o premio Goya 2010 a mellor actor por Cela 211 -
Anuncio de A noite que deixou de chover -
Anuncio de Cela 211 -
Anuncio de Afranio -
Avance do Así se fixo 18 comidas -
Escena de O Matachín -
Mareas vivas -
Anuncio de Xa -
Fragmento de As Xoias da Señora Bianconero -
Así se fixo Trece Badaladas (Creadores de soños) -
Alfonso Zarauza presenta A noite que deixou de chover para Culturagalega.org -
Así se fixo A vida que che espera -
Historia da Arte -
Se o sei non veño -
Video / Sandra -
Cargo -
A vida que che espera -
O agasallo de Silvia -
O lapis do carpinteiro -
Os luns o sol -
Trece Badaladas
Arquivos de audio
-
Luís Tosar e Alberto Ammann en Cela 211 -
B.S.O. Mataharis - Esa luz -
Audio. O agasallo de Silvia. Luís Tosar como Carlos.