Dirección
Nome completo: Carlos Velo Cobelas
Pereiros, Cartelle (Ourense) 1909 1988 México DF
Fundou en Madrid un dos primeiros cineclubes do Estado (FUE). Asinou algúns dos mellores documentais da II República. Exiliado en México trala Guerra Civil, dirixe dúas ducias de produccións entre as que destaca "Pedro Páramo" (1966). Naquel país exerce de documentalista e de director de noticieiros en cine e radio. Nacionalista e defensor incansable da cultura galega, en 1956 presenta un pioneiro proxecto de Centro Cinematográfico Galego. Cofundou e presidiu o Padroado da Cultura Galega.
Premios e recoñecementos: Recibiu en 1976 as homenaxes da Filmoteca Española, do Círculo de Escritores Cinematográficos e das Xornadas de Cine de Ourense (V edición), nas que reivindica sen condicións un cine propio para Galicia. A Xunta de Galicia otórgalle en 1983 o Premio Mestre Mateo. En 1985 recibe a homenaxe das Xornadas de Cine e Vídeo do Carballiño. Estes tres recoñecementos marcan as ocasións nas que visitou Galicia despois da Guerra Civil. Na súa memoria a Consellería de Cultura do goberno galego constituiu en 1989 o Premio de Guións Carlos Velo. Postumamente recibiu da Xunta de Galicia o premio Chano Piñeiro (2009) na súa cuarta edición, como recoñecemento á súa traxectoria no centenario do seu nacemento.
FILMOGRAFÍA
- Galicia 1936-2011 (2011)
Documentos
A máis sistemática elaboración teórica dedicada ó cine documental, obra de Carlos Velo, iniciador no cine español deste xénero e mestre recoñecido do mesmo.
Autor: Carlos Velo
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Carlos Velo (57)
Data: 23 / 9 / 2024
A 29 edición do OUFF continúa a súa aposta polo cinema galego
Data: 22 / 8 / 2024
Un informe sinala que o OUFF tivo un impacto de difusión valorado en case seis millóns de euros
Data: 30 / 9 / 2022
O Museo de Pontevedra celebra un simposio sobre Carlos Velo
Data: 1 / 4 / 2022
Sae a licitación a rehabilitación da casa de Carlos Velo en Cartelle
Data: 25 / 2 / 2022
Chechu Salgado levará ao premio de honra 'Ourense' do OUFF