Os vindeiros 4 e 5 de outubro o Museo de Pontevedra acolle o simposio O cine de Carlos Velo, León Felipe e os poetas do exilio republicano en México. O encontro, promovido polo Museo e a Fundación Carlos Velo, desenvolverá dúas xornadas de conferencias, proxeccións audiovisuais e un recital poético "para achegarse á figura do cineasta galego e a súa relación coas republicanas e republicanos que -como el- estiveron no exilio no país centroamericano".
O encontro permitirá coñecer varias pezas documentais inéditas do cineasta ourensán. As mesmas, recuperadas pola Fundación, fan parte do seu proxecto inacabado Los republicanos españoles en el exilio. Xosé Enrique Acuña, Miguel Anxo Fernández e Miguel Ángel Cuña Casasbellas, contextualizarán as proxeccións con cadansúa palestra a explicar as particularidades da obra Velo e a súa relación con León Felipe, Luis Buñuel e outros intelectuais exiliados. As xornadas fecharán cun recital de poetas presentes nos documentais de Velo a cargo de Graciela Baquero Ruibal.