A curtametraxe documental "Galicia" realizada en 1935 polo cineasta galego Carlos Velo, estrearase o vindeiro venres no Teatro Principal de Pontevedra dentro do congreso "O exilio galego". A pelÃcula, de arredor de 17 minutos de duración, está considerada como a obra mestra de Velo no documentalismo.
Rodaxe
"Galicia" é un documental rodado en 1935 que recolle dun xeito etnográfico a vida dos galegos do interior e dos da costa. Ambientado en Cartelle e Fisterra e con influencias de Flaherty, Dovjenko ou Eisenstein, segundo recoñecÃa o propio director. Na realización do filme colaboraron persoeiros tan ilustres como Castelao, que realizou un debuxo para a cabeceira, XaquÃn Lorenzo, Rafael Dieste ou Jesús Bal y Gay. A rodaxe foi realizada por Carlos Velo co operador de cámara Cecilio Paniagua viaxando en taxi pola xeografÃa galega co apoio de Vicente Casanova, que máis tarde fundarÃa a productora CIFESA. A postproducción correu a cargo de Fernando G. Mantilla despues de que Velo tivese que exiliarse por causa da guerra.
Recuperación
O filme, que se crÃa perdido, recuperouse a partir dunha copia conservada en México pola filla de Carlos Velo, quen o recibira do operador da pelÃcula. A pesar diso, só se conserva a parte dedicada á Galicia do Interior, o que supón a metade da metraxe orixinal. Logo da restauración a que foi submetida no Centro Galego de Artes da Imaxe, o venres producirase a súa estrea en Galicia dentro das actividades que se veñen realizando no congreso "O exilio galego" en Pontevedra..