O Festival de Cine de Ourense contará desde 2016 cun espazo dedicado a Carlos Velo

Cartelle albergará unha fundación dedicada ao cineasta

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O cineasta galego Carlos Velo contará a partir de 2016 cunha sección fixa dedicada á súa obra e figura no Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). O novo espazo contará cunha programación propia no marco do festival, que se prolongará noutros puntos da provincia de Ourense, con actividades en Cartelle, Celanova e O Carballiño, municipios vinculados á traxectoria vital de Velo .A alcaldesa de Cartelle anunciou tamén a próxima constitución da Fundación Carlos Velo, unha iniciativa que nace co obxectivo de contribuír a perpetuar a memoria do cineasta e que contará coa implicación de profesionais de diferentes ámbitos vinculados coa figura de Velo, xunto co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Carlos Velo, Festival de Cine de Ourense, Fundación Carlos Velo...