O Concello de Cartelle ven de abrir o proceso de licitación para a rehabilitación da casa do cineasta Carlos Velo de cara a funcionar como sede da fundación que leva o seu nome e protexe e difunde o seu legado. A casa natal de Carlos Velo está situada no Pasaxe da Misa da localidade ourensá e conta cunha superficie de 85 ms. cadrados, actualmente está en desuso e presenta, segundo os informes, un mal estado do forxado existente na primeira planta, deficiencias que se repararán coa execución das obras previstas no proxecto técnico, que inclúen a demolición dos tabiques da planta baixa, rehabilitase o forxado, construíndo unha nova escaleira. A casa destinarase, como sede social da fundación, a reunións e actividades socio-culturais. A obra, que conta cun orzamento de base de 99.999,99 euros, IVE incluído, estará subvencionada pola Deputación Provincial de Ourense, de acordo co proxecto redactado pola Arquitecta Elvira Carregado Pazos. A Fundación Carlos Velo, creada en 2017 e da que forma parte o propio concello, céntrase na investigación e na difusión da obra do cineasta e no estudo, difusión, formación e promoción das artes da imaxe, no seu máis amplo espectro, así como na organización de actividades culturais e científicas de carácter xeral e relacionadas cos fins sinalados. Previamente á súa creación xa o Concello de Cartelle adquirira a casa natal do cineasta coa fin de facer albergar alí esta fundación.
O cineasta Carlos Velo Cobelas nacido nesta localidade ourensá en 1909 exiliouse a México co inicio da Guerra Civil desenvolvendo alí unha exitosa carreira, ata o seu falecemento nese país en 1988. No ano 1933, vivindo en Madrid cofundou o cineclub da Federación Universitaria Escolar (F.U.E), asociación da que era membro e como tal participaba nas Misiones Pedagógicas da Institución Libre de Enseñanza. Velo descubriría os filmes de Flaherty, Eisenstein, Dovjenko, Pudovkin ou Vertov, que nel influiron decisivamente cando fixo o paso ás cámaras. En 1934 comeza a súa andaina como autor de curtametraxes documentais. Nese ano filma 'La ciudad y el campo' e, ó ano seguinte, 'Felipe II y El Escorial', 'Tarragona (Tarraco Augusta)', pero sobre todo o experimental "Infinitos" e o antropolóxico "Almadrabas", que, a xuízo da crítica da época, se situaban como os curtametraxes máis cualificados da República. Xa en 1936 fará a súa obra mestra "Galicia" (co título alternativo de Finis Terrae), que recibe un premio na Exposición Internacional de París de 1937 cun xurado presidido por Buñuel e no que tamén estaba Max Aub. Carlos Velo deixa España en febreiro de 1938 e ata novembro filmará no norte de África a longametraxe documental de ton antropolóxico "Romancero marroquí". Así a todo, chegados a Tánger, Velo e a súa dona pasan á zona republicana na Península e finalmente a Francia en febreiro de 1939, onde quedará internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Por fin embarcan no trasatlántico Flandre cara a México, a onde chegan a finais da primavera polo porto de Veracruz. En México, despois de numerosas peripecias, recuperará o cine como eixo vital e desenvovle unha prolífica carreira, tamén desde o eido da xestión de organismos coma o Centro de Producción de Cortometraje, onde impulsará unha renovación do cine azteca ou o Centro de Capacitación Cinematográfica.