Unha fundación divulgará o legado do cineasta Carlos Velo

É un dos pais do documentalismo cinematográfico español

16/11/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces
Carlos Velo (Cartelle, 1909- México, 1988) é un dos pais do documentalismo cinematográfico español e un referente indiscutible en México e Galicia. Hoxe cúmprense cen anos do seu nacemento e o seu concello natal ultima unha fundación para promover a súa figura. A sede estará na casa familiar do cineasta e tería como presidenta á neta de Velo, Laura. Ademais, a Secretaría Xeral de Medios tamén promoverá a súa figura cunha fotobiografía (a inaugurar en decembro), con material gráfico e documental procedente con fondos do arquivo persoal do cineasta.
Para saber máis

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares