Produción
Nome completo: Manuel Gómez Santos
A Coruña
Produciu e codirixiu a longametraxe “O bosque animado”. É director da productora audiovisual Dygra desde 1987. Comezou a súa andaina profesional no sector do deseño gráfico e editorial e desde 1996 dedícase á producción propia de multimedia. En 1998, coa empresa Filloa Records desenvolve o videoxogo “Bicho” co que obtivo o Trofeo Laus de deseño multimedia. Desde entón centra a súa actividade no eido da animación 3D. Os seus traballos teñen recibido numerosos premios entre os que se contan dous “Goyas” e varios galardóns da AGAPI.
Premios e recoñecementos: Merecedor do Premio Honorífico Fernando Rey á súa traxectoria profesional. As súas produccións “Euro” e “Bicho” sumaron en 1997 cinco premios AGAPI; gañando ademais a segunda o Premio Nacional de Deseño na categoría multimedia. “O bosque animado” recibiu numerosísimos galardóns.
Dygra Films foi nominada ao premio Príncipe Felipe de Innovación
empresarial, no apartado de Innovación tecnolóxica polo traballo desenvolvido en "O
Bosque Animado".
Formación específica: Máster en Dirección de empresas e Marketing pola UDC (MBA business school).
FILMOGRAFÍA
- Holy Night! (2010)
- Espírito do bosque (2008)
- O bufón e a infanta (2006)
- O soño dunha noite de San Xoán (2005)
- O bosque animado. A serie (2002)
- O bosque animado (2001)
- Dedalus en Compostela (1998)
Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Manuel Gómez
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manuel Gómez (9)
Data: 10 / 7 / 2024
A Fundación Penzol pon na rede novos materiais históricos
Data: 14 / 5 / 2019
O MARCO proxecta o 'NODO' cultural galego perdido de Antón Beiras
Data: 9 / 3 / 2016
Estudios galegos acadan premios da Bienal de Arquitectura de España
Data: 26 / 1 / 2016
Un proxecto en Monfero e outro en Compostela levan os premios Manuel Gómez Román
Data: 1 / 7 / 2015
Nace Certain Music Records desde Pontevedra