Dirección
Nome completo: Ricardo José Llovo Otero
Santiago de Compostela (A Coruña) 1965
Guionista, realizador e director. En 1989 incorpórase á TVG como parte do equipo de realización e ten traballado para programas tan coñecidos como o Xabarín Club. Esta faceta televisiva combínaa con traballos en cine desde comezos dos noventa. Ten realizado e dirixido curtametraxes de ficción, documentais e mesmo unha longa en formato vídeo.
Premios e recoñecementos: Polo programa “Con C de Cultura” recibiu o premio Mestre Mateo 04 á mellor realización. Por “Historias de Galicia”, o galardón á mellor realización nos Mestre Mateo 07 (2008).
Formación específica: Licenciado en Ciencias da Información, especialidade de Imaxe, pola Universidade Complutense de Madrid. Ten asistido tamén a diversos cursos, seminarios e conferencias relacionados co sector audiovisual.
FILMOGRAFÍA
- Toñito Blanco, só, perdido e vicioso (2013)
- Outro máis (2011)
- Historias de Galicia (2007)
- Pataghorobí (2005)
- Secando ao vento (2005)
- Muxía, política na costa da Morte (2003)
- Con C de cultura (2003)
- Xinetes na tormenta (2001)
- Un mundo de historias (2000)
- Memoria con figuras (1998)
- Televapor (1995)
- Xabarín Club (1994)
- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993)
Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Ricardo Llovo
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Ricardo Llovo (8)
Data: 24 / 11 / 2011
Cineuropa en trailers: xoves 24
Data: 14 / 11 / 2011
Cineuropa en trailers: luns 14
Data: 8 / 11 / 2011
Cineuropa estreará Outro máis, un filme sobre as consecuencias da marea negra
Data: 27 / 6 / 2006
Cultura reparte 150.000 euros entre 14 guións e coñécense os gañadores de “Curtas na rede”
Data: 3 / 5 / 2006
O Centro Galego de Artes da Imaxe únese á festividade do día das letras con cine galego