Cultura reparte 150.000 euros entre 14 guións e coñécense os gañadores de “Curtas na rede”

Historias con premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Rosa Castro, Beatriz Santana, Xosé Castro, Carlos Portela ou Ricardo Llovo son algúns dos beneficiarios das axudas para a redacción de guións en lingua galega que acaba de resolver a Consellaría de Cultura e que supoñen un total de 150.000 euros. Ademais, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e do Consello da Xuventude resolveron os gañadores do concurso “Curtas na rede”. O premio á creatividade e á orixinalidade foi para Pablo Millán por “O Conxuro”, o do publico foi para Eduardo Pérez Lavandeira por “¿Lémbraste cando?” o premio "Entra e navega” para Celia Domínguez. Outros dos gañadores foron Pablo Penedo nas categorías de comunicación e temática lingua galega e Irene Crespo na de Xuventude.

Consulta a listaxe dos beneficiarios das axudas a desenvolvemento de guión no web da Xunta e no web de Curtas na rede

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Lingua galega, Xuventude, Xosé Castro...